Kitty Girl

17 May, 2011

Himno galego

Posted by: kittygirl In: Frases

Párrafo de “Os Grouchos”, Manuel Rivas:

“O selo singular é esa feitura de canción romántica na que dialogan xente e natureza. Un himno asombroso en toda a historia dos himnos oficias, pois comeza con interrogantes. Alguén viu en algures unha multitude a facerse preguntas no ar?” .

“Unha das cousas de que o himno galego sexa motivo recorrente de polémica é porque non se deixa facer masa. É un himno solitario ou solidario, máis non se presta para fanatismos ou fanfarriñadas”.

“Un vaino lendo como un himno persoal porque tamén abondan nesta canción as preguntas”.

“Ninguén remata o himno galego máis anoxado ou irado do que estaba cando o principiou. Os himnos moitas veces sonche como certas drogas: soltas o monstro que hai dentro. Máis o himno galego eu non o vexo nada cocainómano nin lisérxico. Nin licor café leva. Se cadra aínda ten unha herba de albeite, madreselva ou algo así. Hai himnos carnívoros e hainos vexetarianos. O galego é vexetariano. A ninguén se lle ocorrería principiar unha batalla co son de Os Pinos”

No Responses to "Himno galego"

Comment Form

About

Miscelánea de cosas que llaman la atención de esta cabecita dispersa

Estoy en la nube